Información xeral para as chicas au-pair con unha familia estranxeira

As chicas Au-pair que desexen una estancia con unha familia estranxeira deben ter entre 18 a 30 anos, deben ser persoas maduras, independentes e seguras de si mesmas. O período de estancia dura normalmente de 6 a 12 meses durante o curso e 2 meses no verán. (Xulio e Agosto)

A cambio da hospitalidade que a Au-pair recibe por parte da familia, ela debe ocuparse das tarefas correntes da casa ou ben coidar dos nenos (si os hai). A familia daralle unha cantidade de diñeiro (pocket maney) e axudaralle no estudio do idioma. Si a Au-pair desexa seguir uns cursos do mesmo pode facelo; hai colexios para elo.

IMPORTANTE: O viaxe o país de destino pagarao a Au-pair do seu peto.

Condicións xerais de inscrición

GALIAU-PAIR, esixe as seguintes condicións:Estes requisitos (con fotocopias de cada un deles) deberan ser entregados persoalmente en GALIAU-PAIR con 2 meses de antelación a fecha da sua partida o pais que se solicitou:

  • Cuestionario cuberto.
  • 2 fotografías (sonrintes) tamaño DNI + 4 fotografías con nenos tamaño Standard
  • Durante o ano 2016  gran desconto na inscripción 200€  + 21% ive, aproveita esta oportunidade para mellorar o coñecemento de idiomas imprescindible para  o teu futuro laboral.

Países durante todo o ano:

Inglaterra

Alemania

Irlanda

Italia

Holanda

Dinamarca

Noruega

Grecia

  • Certificado medico recente
  • Dúas cartas de referencia de ter coidado nenos ou outro traballo similar coa traducción o idioma do pais. Ditas cartas deberan traer dirección e nº de telefono das persoas que as fan.
  • Dúas cartas dos mestres onde se curse ( o se cursara) estudios, tamén coa traducción o idioma do pais.
  • Unha carta dirixida a familia receptora, escrita por ti a mao no idioma do pais solicitado, explicando as tarefas que sabes facer no fogar, as túas experiencias con nenos, os teus hobbies, gustos e forma de ser. Dita carta debera selo mais ampla posible. (mínimo 3 folios)

Seguros

E moi aconsellable a suscripcion dun Seguro de Enfermidade, Accidente e de Responsabilidade Civil. No momento oportuno informarémoslle amplamente. GALIAU-PAIR declina toda responsabilidade no caso de que no estivera cuberta.

MOI IMPORTANTE:Cando teña tódolos datos da familia, TELEFÓNALA URXENTEMENTE, informándoa de cando vai a chegar e pedirlle que lle mande unha carta de invitación, a cál facilitaralle a entrada no pais. A familia recolleraa no Aeroporto ou Estación. Cando chegue o pais, no caso de que non poidan recollela, explicaranlle como debe facer para chegar ata a sua casa.

Tamén debe informarnos a nos da súa partida para que podamos aconsellar utilmente.

Unha vez que chega e esta coa familia pode darnos as súas impresións persoais, nos, a través dunha representación no pais, temos recursos e solucións en todo momento. Si non temos noticias súas nun período de 3 a 4 semas significara para nos que esta contenta coa familia asignada.

Si houbera calquera problema coa familia debera comunicalo a axencia correspondente que nos temos nese pais, ela informaralle e axudaralle a resolvelo problema. Si necesita un cambio de familia terá que darlle un marxe de 1 semana a axencia correspondente para buscarlle unha nova familia, mentres tanto permanecera coa familia facendo a súa vida normal, como a facía anteriormente.

Cando a axencia correspondente lle encontre unha nova familia, terá que desprazarse a cidade na que viva esta. No caso contrario, renuncia a solicitar unha nova familia.

 

Importante: si a Au-pair abandona a familia sen comunicarllo a axencia correspondente no pais anfitrión renuncia os seus dereitos, inclusive volver a ter outra nova familia.

GALIAU-PAIRnon se responsabiliza dos accidentes que poida sufrir durante o viaxe, ou no pais. Non viaxar sen pasaporte. Información no Consulado o Embaixada de España no pais solicitado.
Os dereitos de inscrición NON SERÁN DEVOLTOS NO CASO DE ANULACIÓN POLA SÚA PARTE, pero si somos nos (GALIAU-PAIR) os que non encontramos familia para a Au-pair, devolverémoslle a cota de inscrición, retendo unicamente 30 Euros para gastos administrativos.

Informacións complementarias para a au-pair

A estancia no estranxeiro dunha Au-pair e para aprender o idioma dese pais da forma mais económica posible, convivir coa familia, adaptarse os seus costumes, axudar a familia anfitriona coas tarefas da casa: pasalo ferro, sacar o polbo, pasalo aspirador, cociña simple, etc. e coidar os nenos (25-30 horas a sema de traballo na casa). Aparte, la Au-pair terá que facer de canguro 1 ou 2 veces a sema. A Au-pair non limpara os cristais, nin o xardín. O tempo libre distribuirao de acordo coa familia, ben pola maña ou pola tarde, ou partido, pero sempre tendo tempo libre para ir a clases do idioma e para as súas diversións, ou outras cousas. A familia, a cambio, terá que tratala como un membro mais da súa familia, darlle aloxamento completo, unha habitación individual e un diñeiro de peto que pode ser a sema ou o mes. Tamén lle dará un día libre a sema. E moi importante que teña tempo libre, pero non esquecer que a Au-pair no esta deleitando dunhas vacacións, seno que esta axudando a unha familia sen sela súa empregada de fogar.

Importante: Au-pair plus traballará 35 horas a sema, aparte das 2 ou 3 veces a semana de canguro.

Por norma xeral, a familia, ou ben a axencia correspondente no pais anfitrión, informaralle de onde pode asistir a clases de idiomas e tamén das Au-pairs que hai na súa zona.

A casa da familia

A familia infórmalle a través da axencia sobre a súa vivenda, os membros da familia, idades dos mesmos, si teñen empregada de fogar, as tarefas que ten que realizar na súa casa… todo ilo vira nun cuestionario. Tamén soen mandarlle unha carta explicándolle cáles serán as tarefas a realizar na súa casa. Diste modo poderá organizalo seu tempo libre.

 

Si xa o tes claro, anímate, descarga o noso cuestionario e enviao

Solicitude de inscripción